Desde a ventá de inicio dos Indicadores do Mercado Laboral ten accesible un menú á súa esquerda no que poderá escoller o indicador sobre o que consultar os datos. Unha vez seleccionado entrará nunha serie de tres pasos para concretar, no espazo e no tempo a través de filtros, o indicador.
DETERMINACIÓN DO FILTRO XEOGRÁFICO
Aquí escollerase o ámbito xeográfico da consulta, que pode ser: Galicia, provincias, comarcas ou concellos. A selección de provincias, comarcas ou concellos pode ser múltiple, podendo seleccionar varias provincias, varias comarcas ou varios concellos á vez. A selección elixida aparecerá no cadro de "Selección". Ao acceder por primeira vez á pantalla aparecerá por defecto seleccionado o ámbito autonómico "Galicia".
Para continuar coa consulta pulsar "Tipo de filtro temporal".
DETERMINACIÓN DO FILTRO TEMPORAL
A determinación do filtro temporal consta de dúas partes:
Na ventá de determinación de "Tipo de filtro temporal", dispoņemos de dúas opcións para escoller:
Os indicadores permiten consultar datos sobre momentos concretos no tempo (anos, trimestres e meses).
Só se poderá seleccionar un ano, un trimestre ou un mes determinado. No caso dos trimestres e meses aparecen cargados por defecto
os do primeiro ano con datos deste tipo; podendo cargar os doutro ano, seleccionando o ano desexado no menú desplegable que aparece
debaixo (no caso de ter deshabilitado o javascript, será necesario pulsar o botón "Enviar" situado debaixo da lista desplegable).
Neste apartado, hai que ter en conta que non se mostrarán datos anuais do ano en curso mentres non termine o ano, pero sí están
dispoņibles os datos trimestrais e mensuais.
As series temporais mostran as evolucións comprendidas entre a data inicial e final escollidas. Será necesario escoller unha data
inicial e unha data final dentro do mesmo ámbito (anual, trimestral ou mensual), tendo en conta que só se poderá seleccionar un ano,
trimestre ou mes inicial e un ano, trimestre ou mes final. No caso dos trimestres e meses aparecen cargados por defecto os do
primeiro ano con datos deste tipo; podendo cargar os doutro ano, seleccionando o ano desexado no menú desplegable que aparece debaixo
(en caso de ter deshabilitado o javascript, será necesario pulsar o botón "Enviar" situado debaixo da lista desplegable).
Hai que ter en conta certas restriccións:
A selección elexida aparecerá no cadro de "Seleccións".
Para continuar coa consulta pulsar o botón "Selección informe", en caso de necesitar modificar
o tipo de filtro temporal pulsar o botón "Tipo de filtro temporal" e regresará á pantalla anterior.
DETERMINACIÓN DO INFORME
Neste apartado seleccionar o informe desexado e pulsar "Ver resultados". Para modificar as seleccións
anteriores (que serán reflexadas no cadro "Seleccións"), pulsar "Filtro temporal".
No caso de querer crear outro informe despois de visualizar un pulsar a opción "Selección informe"
para mostrar de novo a lista de informes dispoņibles. Para saír e regresar ó inicio pulsar "Inicio".
Para xerar o informe en pdf, word, excel ou html, usar os iconos situados á esquerda da parte inferior da tabla.
INTERPRETACIÓN DO INFORME
Segundo o establecido na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de
carácter persoal, incorporouse a esta aplicación a consideración técnica de non
mostrar os datos menores ou iguais a tres cando se refiren a persoas e substituílos por un X, dado que
se consideran datos protexidos.
Outro símbolo que aparece é un guión alto (-), que indica que non están
dispoñibles os datos.